Sorpresa! Un neveiro recuperado
      Grata sorpresa a que nos levamos ao ir visitar de novo os restos do " Neveiro  dos Frades", tamén coñecido como da  Franqueira  e propiedade na súa antigüidade dos monxes deste próximo mosteiro. Hai tempo soubemos da súa existencia e decidímonos ir atopar os seus restos. Non foi fácil, pois non aparecía nos mapas e por suposto non estaba sinalizado, pois non eran moitos os que coñecesen a súa existencia. Grazas a lectura especializada, á intuición e sobre todo ao "ditoso" Google Earth  puidemos localizar os seus restos case imperceptibles daquela sobre o mapa.      Era sabido que os seus restos non poderían estar en bo estado pero aínda así a decepción foi grande, pois non entendiamos como un elemento patrimonial de case 500 anos puidese estar en semellante esquecemento. As filtracións de auga provocaran esborralles nos seus muros e os incendios arrastraron gran cantidade de desfeitos cara a dentro como ramas e árbores.   Este fin de semana propuxémonos volver...